miércoles, 29 de abril de 2020

Videollamada 6/05/2020 INVITADA ESPECIAL


Na próxima video do día Mércores 6 de Marzo ás 18.00 h temos invitada especial, contaremos coa participación de BRUXA MARUXA quen nos vai facer un contacontos moi bó. Esperámosvos na videollamada para disfrutar xuntos!! Tamén participará o CEIP Salgado Torres. 

QUEN QUEIRA PARTICIPAR QUE NOS ENVIE UN CORREO A: FAPASMANUELMURGUIA@GMAIL.COM


Respostas reto 16

Aquí temos as respostas do reto 16 de Martín e Triana, jajaja! que bós os dous!! A seguir disfrutando familias!! Moi orgullosos do traballo que estades a facer!!👏👏






Reto 17

MENTE EN FORMA

Explorando no meu primeiro día: Aproveitando que aos poucos xa nos van deixando saír de casa, que vos parece se nos enviades unha foto ou un vídeo, da vosa primeira saída tras o confinamento? e un pequeno texto onde nos contedes que fixestes. Esperamos ansiosos vosas novas experiencias.





CORPO EN FORMA


Acrosport: Ata o de agora puidemos retarnos a nós mesmos con diferentes actividades físicas. Hoxe traémosvos unha modalidade de deporte na que imos necesitar un compañeiro para poder realizar estas figuras que a continuación vos deixamos. Retámosvos a conseguir facelas todas, sempre con coidado e nun espazo adecuado para non tropezar. Tedes que completar cada figura e se a facedes con irmáns, debedes cambiarvos de posición para repetir a figura e así ver cada un as dificultades de estar nun lado ou o outro.
Ah! para que non sexa tan fácil, que xa vos viñamos vir...tedes que contar ata 3 mantendo a postura!! Sorte e a por iso!!


martes, 28 de abril de 2020

VIDEOLLAMADA ZOOM 29/04/2020


Onda a todos e todas!!

O día de  mañá  terá lugar unha  videollamada realizada polos monitores de lecer Marcos, Diego e Carlos Alberto (xadrez e xogos de mesa; patinaxe).

Esta  videollamada sería mañá día 29/04/2020 ás 18.00. Para poder acceder a ela  debeis de seguir os seguintes pasos:

1. Descargar a aplicación de  ZOOM nos vosos computadores,  tablets ou móbiles (ou actualizar en caso de tela descargada)
2. Picar na ligazón para unirse á reunión que aparecerá máis abaixo de leste mesmo correo
3. Introducir o contrasinal (se vola pide), que tamén aparecerá máis abaixo.

Faremos distintos  xogos para entreternos e  pasalo  ben.

A aplicación só permite realizar  videollamadas de 30 minutos máximo, por tanto, a  videollamada será de 18.00 a 18.30. Ás 17.55/18.00 picade na ligazón que aparece máis abaixo e a gozar!! Imos tentar aproveitar a media hora que nos permite a aplicación!!  


QUEN  VEXA ISTO E  QUEIRA PARTICIPAR QUE  ENVIE UN CORREO A FAPASMANUELMURGUIA@GMAIL.COM para que vos enviemos a ligazón co que vos uniredes á  videollamada!! Quen xa nos confirmou por correo xa ten a ligazón enviada!!

Clasificación

Aquí temos a última clasificación actualizada, a seguir facendo moitos retos familias!!! 


Respostas reto 15


Aquí temos as respostas ao reto 15 de Carolina Suárez!! Disfrutade delas como ela disfrutou facendoas!! 👏👏








Tamén recibimos as respostas de Carmen e Nahuel, que últimamente participan en todos os retos e iso gústanos moito!! Moi ben familia!! 👌👌





lunes, 27 de abril de 2020

Reto 16

MENTE EN FORMA


Sabedes todo o necesario?: Creade un vídeo onde digades todo o necesario para poder saír á rúa estes días de maneira segura.

PD: O estades facendo xenial!!!😇😊


Resultado de imagen de niños calle coronavirus



CORPO EN FORMA


Quen dá mais?: O reto consiste en poñerse todas as camisetas posibles en 2 minutos. Podedes participar todos os que queirades, ánimo familias!!!! 😎😎 




sábado, 25 de abril de 2020

Respostas reto 14

Aquí chegan as respostas do reto 14 de Carmen e Nahuel, que marcapáxinas máis bonitos!! Moi ben, de verdade que si!! Tamén temos os bailes por alí abaixo!! 👏👏







Agora os deiaxmos para que disfrutedes co video de Carolina Suárez e os seus marcapáxinas!! Noraboa, están moi ben!!


viernes, 24 de abril de 2020

CONTACONTOS


Aproveitando que nos atopamos na semana do libro, non ven de máis deixarvos por aquí un contacontos para que o disfrutedes ao máximo!!!📕📕




Reto 15

MENTE EN FORMA


Quebracabezas Caseiro: Neste novo reto ides necesitar da vosa creatividade para crear un quebracabezas de polo menos 20 pezas. Para iso necesitades un folio ou cartolina e facer un debuxo de temática libre co material que prefirades (ceras,  rotuladores, lapis de cores…). Despois de terminalo, colleremos un anaco de cartón da medida do debuxo e pegarémolo na parte traseira da nosa obra. Tras deixar que seque cortaremos o debuxo en polo menos 20 anacos, separarémolos e tras  desordenarlos tentaremos montar de novo o noso quebracabezas.







 “ E lembrar que dentro de todo caos existe unha orde para organizalo”



CORPO EN FORMA

Neno  pelotero: Hoxe imos dedicar as nosas capacidades físicas ao noso amigo o escaravello  pelotero, para iso necesitamos unha pelota de tamaño medio e a nós mesmos  jeje. O xogo consiste en conseguir transportar a pelota, por todas as habitacións da casa, con diferentes partes do noso corpo e posturas:
 1. Transportamos a pelota desde un punto inicial cos pés e percorremos toda a casa ata chegar a meta.
 2. Collemos de novo a pelota desde o punto inicial e agora en posición de cachorro levamos a pelota golpeándoa coa cabeza, non fai falta cubrir todas a  habiraciones. Coidado cos marcos da portas e as esquinas  jeje.
3. Unha vez finalizado os  anteriroes, facendo honra ao noso amigo escaravello debedes levar a pelota de costas e cos pés, podendo ir de pé ou en posición  perruna. 







miércoles, 22 de abril de 2020

Respostas reto 13


Aquí temos a Carolina!! Que artista, xa sexa con trucos ou non... o conseguiu ;)!!



Agora os deixamos con Martín, Triana e familia coa busqueda do tesouro e a carreira!!! Disfrutade!!😄😄












Agora os deixamos cos videos de Sofía e Nahuel Cambre Béjar, que ben que participades os tres!!!💥😜




Reto 14



MENTE EN FORMA


Xa que o día 23 de Abril, mañá, é o día do libro, imos facer un reto que teña un pouco de relación co mundo da lectura, polo tanto, propoñemos que entre todos creedes un ou máis marcapáxinas caseiros. Para poder guiaros un pouco tedes dous vídeos que seguro que vos axudan. Moita sorte e a disfrutar familias!! Esperamos os videos!! 😉😉


https://www.youtube.com/watch?v=_19jR8_44cU&vl=es

https://www.youtube.com/watch?v=CX9nae4EKno






CORPO EN FORMA


Para o reto de corpo en forma imos a propoñervos dous exercicios, o primeiro vai a ser superar o "baile" que fixeron Andrés Iniesta coa súa parella. Deixámosvos un link para poder ver o reto!!! Sorte!!



A maiores disto imos a añadir un baile de zumba que tamén os deixamos un link para poder velo, podedes participar tamen os pais e nais!!! Ánimo e sorte!! 👏👏👪


lunes, 20 de abril de 2020

Respostas reto 12

Aquí temos as olimpiadas intelectuais de Triana e Martín, que intelixentes, miña nai!! 💭💭




Que equilibrio e menudos artistas sodes, que traballadores os dous!! Moi ben!!👐👐



Agora temos os retos de corpo en forma de Carolina Suárez!! Disfrutade deles, moi ben Carolina e familia!! 👪👏






Tamén participou Sofía Cambre Béjar, que ben!! Alegrános vela de novo participando!!✌👏



Reto 13

MENTE EN FORMA

En busca do tesouro perdido: Escondede un obxecto, que todo o mundo na casa coñeza, e, deixando pistas, o resto da familia ten que atopalo. O que tarde máis en ser atopado será o gañador. MOITA SORTE FAMILIAS!!!👀👀


CORPO EN FORMA


Carreira de culleres! Collede unha culler, poñédea na boca, poñédelle un ovo encima e tentade facer un percorrido sen que se vos caia. A ver que tal sae, moita sorte!! 🍳🍳




Respostas reto 11 TRIANA E MARTÍN

Respostas ao reto 11 de Triana e Martín, moi ben os dous. Unha oca maravitupenda ;)!!!👌👌



viernes, 17 de abril de 2020

Respostas reto 11

Esta é a resposta de Carolina Suárez, moi boas rimas!!! Que poetisa estas feita!! Esperamos máis respostas aínda se queredes.. Só temos esta!! Un forte abrazo para todas as familias, un día máis é un día menos!! O estades facendo xenial 👏💪


Respostas ao reto 11 de Triana e Martín, moi ben os dous. Unha oca maravitupenda ;)!!!👌👌



Reto 12

MENTE EN FORMA


Olimpíada intelectual: Que vos parece unha pequena proba de enxeño e rapidez mental?
Facendo uso dos dotes de presentador dos vosos pais, teredes que mandarnos unha pequena olimpíada intelectual coas seguintes probas de enxeño, que vos lerán os vosos pais coma se nun concurso estivésedes:


  1. Deletrear o máis rápido que poidades o nome dun animal que conteña 3  sílabas ou máis, por exemplo: “ jirafa”
  2. Cálculo mental: Resolver o máis rápido posible o resultado dunha suma de non máis de 2 cifras por sumando, por exemplo:  12+7= 19
  3. Por último, tentar responder canto antes á seguinte proba: Nomear 3 obxectos que  tengais en casa e comecen pola letra “ T”,  Ej: “Trade”....



ANIMO CHICOS Y CHICAS!!!


CORPO EN FORMA



Proba de equilibrio:   Hoxe traémosvos uns retos de equilibrio e así probarnos a nós mesmos se somos capaces de controlar o noso corpo. Deixámosvos 3 destas probas:

1.Pintaremos ou marcaremos unha liña no medio corredor de entre 3 a 6 metros de lonxitude. Poñeremos un libro na nosa cabeza (se é posible uno que non lle teñamos moito aprecio por se cae  jeje), e tentaremos percorrer a liña sen que se nos caia ao chan.

2.Aproveitando a liña que temos marcada tentaremos percorrer a mesma distancia, pero esta vez levando unha vara, pau de escoba ou paraugas na palma da man, manténdoo de pé e en equilibrio sen que se nos vaia en todo o traxecto.

3.Por último, o máis difícil aínda será tentar facer esta distancia, sen necesidade de seguir a liña, pero se levando o libro e o obxecto na man ao mesmo tempo.
Tedes todas as oportunidades que queirades, non vos rendades á primeira

A POLO TRIUNFO! 🏆🏆




miércoles, 15 de abril de 2020

Respostas reto 10

Bolas feitas por Carolina Suárez!!! Moi ben, noraboa!! Gustanos moito 👌👌👍


Malabares feitos por Triana e Martín!!! Que ben, estamos encantados!! Que chulos😜💪


Reto 11

MENTE EN FORMA

Rimas e así nos animas : Boas mozos e mozas, estes días de vacacións son os mellores para sacar o noso mellor enxeño, para iso ímosvos a pedir deixédesnos asombrados cun poema de mínimo 1 estrofa que  rime. O tema é libre, pero aproveitando a semana santa xa pasou, tedes moito ao que facer referencia. Esperamos os vosos dotes de enxeño e non dubidedes de pedir axuda aos vosos pais. 

Deixámosvos un exemplo:
Cando empezaba a semana santa
poñíame a miña roupa para a neve branca.
Agora que quedo na miña casa
Falo co meu veciño para ver que tal o pasa.



CORPO EN FORMA

A oca do confinamento: Neste xogo debedes de fixarvos na casilla que caedes, e seguir as indicacións, algunhas veces tocará facer exercicio e outras...non. Asegurámosvos que é divertido!!!! 

martes, 14 de abril de 2020

Clasificación tras 3 semanas



Tras tres semanas de xogo conseguimos un total de 522 puntos, cada semana fomos subindo de puntos, imos mellorando semana tras semana e iso gústanos moito, estades participando algúns máis, fabuloso!!! Imos a seguir sumando!!👏👏💪💪