viernes, 24 de abril de 2020

Reto 15

MENTE EN FORMA


Quebracabezas Caseiro: Neste novo reto ides necesitar da vosa creatividade para crear un quebracabezas de polo menos 20 pezas. Para iso necesitades un folio ou cartolina e facer un debuxo de temática libre co material que prefirades (ceras,  rotuladores, lapis de cores…). Despois de terminalo, colleremos un anaco de cartón da medida do debuxo e pegarémolo na parte traseira da nosa obra. Tras deixar que seque cortaremos o debuxo en polo menos 20 anacos, separarémolos e tras  desordenarlos tentaremos montar de novo o noso quebracabezas.







 “ E lembrar que dentro de todo caos existe unha orde para organizalo”



CORPO EN FORMA

Neno  pelotero: Hoxe imos dedicar as nosas capacidades físicas ao noso amigo o escaravello  pelotero, para iso necesitamos unha pelota de tamaño medio e a nós mesmos  jeje. O xogo consiste en conseguir transportar a pelota, por todas as habitacións da casa, con diferentes partes do noso corpo e posturas:
 1. Transportamos a pelota desde un punto inicial cos pés e percorremos toda a casa ata chegar a meta.
 2. Collemos de novo a pelota desde o punto inicial e agora en posición de cachorro levamos a pelota golpeándoa coa cabeza, non fai falta cubrir todas a  habiraciones. Coidado cos marcos da portas e as esquinas  jeje.
3. Unha vez finalizado os  anteriroes, facendo honra ao noso amigo escaravello debedes levar a pelota de costas e cos pés, podendo ir de pé ou en posición  perruna. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario