RETO 1: 23 de marzo de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

O reto consiste en facer visible o lema # QuédateEnCasa, en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.
Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces
Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
No hay comentarios:
Los comentarios nuevos no están permitidos.