Mostrando entradas con la etiqueta retos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta retos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de marzo de 2020

Reto 2

MENTE EN FORMA

Por medio dun disfraz caseiro, utilizando os recursos que teñamos na nosa casa, crea un heroe de carne e oso que poida vencer ao malvado villano “Coronavirus”.

CORPO EN FORMA
Ten catro partes ou exercicios:
1.  Trotar (correr) no sitio durante 60 segundos.
2.  Saltar á pata coxa 10 veces con cada perna.
3.  Sentarse e levantarse dunha cadeira 10 veces.
4. Cos brazos estirados, dobra as rodillas e mantén esta postura durante 20 segundos.

Se queres que o teu video ou foto poida ser publicada preme nesta enlace e cubre o formulario: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
ATREVESTE???VEÑA, A QUE ESPERAS!!!!

lunes, 23 de marzo de 2020

Reto 1

RETO 1: 23 de marzo de 2020


PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a      gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso esto lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita,  fagámolo  visible con algo obrigatorio para todos nestes días e que nos une e fai máis fortes.

O reto consiste en facer visible o lema # QuédateEnCasa,  en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.

Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….

PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces
Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.

Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.