lunes, 18 de mayo de 2020

Reto 25

MENTE EN FORMA

CONTACONTOS: A  Bruxa  Maruxa contounos que gozou moito con todos vós e vós na sesión de  zoom que tivemos o 6 de maio e como lle caestes tan ben, quere coñecervos un pouco máis. Para iso pediunos que compartades a lectura do voso libro favorito ou unha parte do mesmo e que nolo fagades chegar, para publicar no blogue. Así pois, esperamos as vosas fotos ou vídeos lendo o voso libro.

Un Abrazo e bico enorme da vosa amiga a  Bruxa  Maruxa!

CORPO EN FORMA

SAÚDO AO SOL: Aproveitando que xa podemos saír á rúa, imos preparar o noso corpo para esa saída, para isto imos realizar un exercicio de ioga coñecido como o “saúdo ao sol”. A continuación, deixámosvos a secuencia e un vídeo de como realizala. Lembrar que a moza que sae no vídeo é profesional, así que a vós non vos imos esixir a mesma destreza e podedes adaptalo ás vosas capacidades. Esperamos as vosas fotos ou vídeos con este singular exercicio.






No hay comentarios:

Publicar un comentario