viernes, 17 de abril de 2020

Reto 12

MENTE EN FORMA


Olimpíada intelectual: Que vos parece unha pequena proba de enxeño e rapidez mental?
Facendo uso dos dotes de presentador dos vosos pais, teredes que mandarnos unha pequena olimpíada intelectual coas seguintes probas de enxeño, que vos lerán os vosos pais coma se nun concurso estivésedes:


  1. Deletrear o máis rápido que poidades o nome dun animal que conteña 3  sílabas ou máis, por exemplo: “ jirafa”
  2. Cálculo mental: Resolver o máis rápido posible o resultado dunha suma de non máis de 2 cifras por sumando, por exemplo:  12+7= 19
  3. Por último, tentar responder canto antes á seguinte proba: Nomear 3 obxectos que  tengais en casa e comecen pola letra “ T”,  Ej: “Trade”....



ANIMO CHICOS Y CHICAS!!!


CORPO EN FORMA



Proba de equilibrio:   Hoxe traémosvos uns retos de equilibrio e así probarnos a nós mesmos se somos capaces de controlar o noso corpo. Deixámosvos 3 destas probas:

1.Pintaremos ou marcaremos unha liña no medio corredor de entre 3 a 6 metros de lonxitude. Poñeremos un libro na nosa cabeza (se é posible uno que non lle teñamos moito aprecio por se cae  jeje), e tentaremos percorrer a liña sen que se nos caia ao chan.

2.Aproveitando a liña que temos marcada tentaremos percorrer a mesma distancia, pero esta vez levando unha vara, pau de escoba ou paraugas na palma da man, manténdoo de pé e en equilibrio sen que se nos vaia en todo o traxecto.

3.Por último, o máis difícil aínda será tentar facer esta distancia, sen necesidade de seguir a liña, pero se levando o libro e o obxecto na man ao mesmo tempo.
Tedes todas as oportunidades que queirades, non vos rendades á primeira

A POLO TRIUNFO! 🏆🏆




No hay comentarios:

Publicar un comentario