lunes, 4 de mayo de 2020

Reto 19

MENTE EN FORMA


Teléfono caseiro: Máis que nada nestes días estamos a usar un medio de comunicación tan importante como o teléfono, certo é que en casa xa nos vemos e falamos directamente. Pero imos facelo máis divertido facendo noso propio teléfono caseiro. Para iso necesitamos:

2 vasos de plástico.
Un fío longo (o máis que poidades estirar na casa), de corda fina ou de la.
Unha agulla grande.


 Construción:

1. Utiliza a agulla para facer un buraco ao fondo de cada vaso de plástico.
2.    Colle o fío de corda fina ou la (como prefiras) e pásao polo buraco do primeiro vaso.
3.    Tira do fío. Pasa a outra punta a través do buraco do segundo vaso de plástico.
4.    Feixe un nó nas extremidades do fío nos dous vasos para que cando tires del, este non pase polos buracos.
5.    Axudar os  papis a facer nós ben apertados para que non sobresaia o fío detrás dos nós.
6.    E por último, tédesvos que poñer un enfronte do outro estirando ben o fío entre os dous vasos. Fala no vaso mentres que o teu compañeiro escoita polo outro vaso, óese perfectamente a voz da persoa que fala.


 Ring, Ring!! Quen é?




CORPO EN FORMA


Versus  koronavirus: Realizaremos un combate de anticorpos e virus facendo  pelotitas de papel ou se dispoñemos de moitas  pelotitas vale. Marcamos unha liña media no corredor, repartimos as pelotas a medias co noso opoñente e …comeza o combate!. Lanzamos as pelotas ao campo do equipo contrario durante 1  min e ao final do tempo o equipo que máis pelotas teña no seu campo, perde. Para dar máis oportunidades xogaremos ao mellor de 3 roldas e vale usar o apoio dos  papis.


SORTE E A COMBATER!




No hay comentarios:

Publicar un comentario