miércoles, 29 de abril de 2020

Reto 17

MENTE EN FORMA

Explorando no meu primeiro día: Aproveitando que aos poucos xa nos van deixando saír de casa, que vos parece se nos enviades unha foto ou un vídeo, da vosa primeira saída tras o confinamento? e un pequeno texto onde nos contedes que fixestes. Esperamos ansiosos vosas novas experiencias.





CORPO EN FORMA


Acrosport: Ata o de agora puidemos retarnos a nós mesmos con diferentes actividades físicas. Hoxe traémosvos unha modalidade de deporte na que imos necesitar un compañeiro para poder realizar estas figuras que a continuación vos deixamos. Retámosvos a conseguir facelas todas, sempre con coidado e nun espazo adecuado para non tropezar. Tedes que completar cada figura e se a facedes con irmáns, debedes cambiarvos de posición para repetir a figura e así ver cada un as dificultades de estar nun lado ou o outro.
Ah! para que non sexa tan fácil, que xa vos viñamos vir...tedes que contar ata 3 mantendo a postura!! Sorte e a por iso!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario