miércoles, 22 de abril de 2020

Reto 14



MENTE EN FORMA


Xa que o día 23 de Abril, mañá, é o día do libro, imos facer un reto que teña un pouco de relación co mundo da lectura, polo tanto, propoñemos que entre todos creedes un ou máis marcapáxinas caseiros. Para poder guiaros un pouco tedes dous vídeos que seguro que vos axudan. Moita sorte e a disfrutar familias!! Esperamos os videos!! 😉😉


https://www.youtube.com/watch?v=_19jR8_44cU&vl=es

https://www.youtube.com/watch?v=CX9nae4EKno






CORPO EN FORMA


Para o reto de corpo en forma imos a propoñervos dous exercicios, o primeiro vai a ser superar o "baile" que fixeron Andrés Iniesta coa súa parella. Deixámosvos un link para poder ver o reto!!! Sorte!!



A maiores disto imos a añadir un baile de zumba que tamén os deixamos un link para poder velo, podedes participar tamen os pais e nais!!! Ánimo e sorte!! 👏👏👪


No hay comentarios:

Publicar un comentario