miércoles, 1 de abril de 2020

Reto 5

Bós días de novo!! Imos a polo reto 5

MENTE EN FORMA

A idea sería debuxar un labirinto sen resolución e que podamos compartir no blogue para que os demais compañeiros cheguen a solución, a cal poderían mandala ao correo do colexio fapasmanuelmurguia@gmail.com. No principio debuxaremos o antivirus e ao final do mesmo o coronavirus ao que ten que chegar para combatelo. Se facedes un video recordade que son máis puntos!! Pode axudar a familia!!


CORPO EN FORMA

Partido de  voley globo: Aproveitando a rivalidade entre pais e fillos, imos aproveitar a xogar en casa un partido de  voleybol, coa variante de, que en lugar dunha pelota,  incharemos un globo ou se o permite o espazo unha pelota pequena e lixeira de praia. O reto consiste en intentar gañar aos “papis” aproveitando a nosa vantaxe como nenos activos. Como idea para a rede, aproveitar elementos de casa como unha corda, uns coxíns ou algún elemento que non xere risco e delimite os 2 campos.

READY…..  GO!!!!! E QUE GAÑE O MELLOR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario