viernes, 3 de abril de 2020

Reto 6


MENTE EN FORMA

Pastilla máxica: As farmacéuticas están a volverse "tolas" por conseguir un novo medicamento que o cure todo, por iso retámosvos a inventar o nome dun medicamento, en pastillas ou sobres, que cure todas as enfermidades, incluído o  covid-2019. Para iso teredes que inventar o nome e plasmalo nunha caixa totalmente decorada co produto. Se non tedes unha caixa dispoñible a mán, podédelo facer nun debuxo normal e corrente. ÁNIMO E SORTE!!!




CORPO EN FORMA

Peque olimpíada: Non hai mellor solución para estar fortes e sans que ter, tanto unha boa alimentación coma facer exercicio diario. Por iso, propoñémosvos este reto físico con 4 probas que imos poder facer na casa:
Salto de altura: Marcar no canto dunha porta ou na parede o mellor de tres saltos, tocando o máis lonxe posible do chan.
Salto de lonxitude: Aproveitando o corredor (se tedes, ou senón, nun espazo adecuado) marcar o salto máis longo desde parado e a pés xuntos, de tres intentos.
Flexións militares: A ver quen de vós, é capaz de facer máis flexións en 30 segundos e, como nas demáis probas, concedémosvos tres intentos.
Nenos de goma: Por último, pero non menos importante, a ver quen é capaz en tres intentos, de tocar o chan cos dedos das mans (ou quen poida as palmas) desde unha posición ergueita flexionando o corpo sen dobrar os xeonllos.
Isto podédelo facer toda a familia, a ver quen gaña?? Ánimo?

ACORDÁDEVOS QUE POR CADA PARTICIPANTE NO VIDEO SÚMANSE PUNTOS, SE PARTICIPA TODA A FAMILIA É MELLOR!!

XUNTOS PÓDESE ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario