miércoles, 8 de abril de 2020

Reto 8

 A  rayuela: Este novo reto vai facer gozar tanto a nenos como maiores, xa que todos na nosa infancia xogamos probablemente. Neste reto imos combinar os vosos dotes artísticos como de axilidade e equilibrio. Para iso imos fusionar os 2 retos en 1. Primeiro A vosa creatividade realizando unha  rayuela no chan con material de casa e segundo xogando ao mesmo xogo. 

Deixámosvos un exemplo que fixemos con cinta de carrocero (típica cinta de pintor) e decorada a  rotulador polas nenas de casa.



Deixámosvos o regulamento deste tradicional xogo:


1. Para comezar, debuxa no chan, con material de casa, o  diagrama da  rayuela, composto por caixas con números do 1 ao 10. Podes facer as caixas de distintos tamaños segundo a idade do neno, e usar diferentes cores.

2. Para empezar a xogar necesitamos un obxecto que como vedes no noso caso son unhas fichas de cartón decoradas. O xogador debe situarse detrás do primeiro número, co obxecto na man, e ha de lanzalo. O cadrado no que caia denomínase "casa" e non se pode pisar.

3. O xogador comeza a percorrer o circuíto saltando a pé manco nos cadrados, ou cos dous pés se se trata dun cadrado dobre. O obxectivo é pasar a pedra de cadrado en cadrado ata chegar ao 10 e volver á casa de saída.

4. Se o participante perde o equilibrio ou a pedra sáese do cadrado, pérdese a quenda e pasa ao seguinte xogador. Pódense engadir casas ou obstáculos para aumentar a dificultade do xogo.

5. Gaña o xogo o primeiro xogador que chegue á casa número 10 realizando o percorrido sen caerse, tirar a pedra fóra da caixa ou pisar unha liña.





1 comentario: