lunes, 13 de abril de 2020

Reto 10

Bós días a todos e todas!! Aquí está o reto 10, para superalo en familia xuntos!!! Podedes probar a facelo os pais e nais tamén, a ver que sae!!! As respostas do reto 9 as colgaremos á tarde!! 👐👏

MENTE EN FORMA

Bola-virus: Neste novo reto imos agudizar o noso enxeño para crear 3 pelotas decoradas ao noso gusto. Tedes liberdade para usar o material que queirades, pero coa  idea de usar elementos, que nos permitan despois xogar con elas sen que rompan, para o noso reto físico. Deixámosvos un vídeo usando arroz e globos como exemplo:


https://www.youtube.com/watch?v=CbnDiBxP35Y



CORPO EN FORMA


Malabares: Como xa vos daredes conta, aproveitando estas pelotas que construímos e decorado, imos darlles uso. No vídeo que vos mostramos a continuación, veredes que hai 10 exercicios de malabares, retámosvos a ver cuantos de vós son capaces de completar os 10. Deixámosvos unhas categorías para ver se chegades a profesionais:
Do exercicio 1-4:  PRINCIPANTE
Do exercicio 5-7:  MASTER
Do exercicio 8-10: PROFESIONAL

Lembrar que é un xogo e que senón chegamos, o importante é tentalo. 
Agora a disfrutar!


No hay comentarios:

Publicar un comentario