lunes, 30 de marzo de 2020

Enlace de interés

Boas tardes familias!! Deixámovos por aquí un video de facebook que pareceunos interesante e quixemos compartir con vós. Podédelo facer na vosa casa en familia e pasar o tempo!!!


https://www.facebook.com/108222353927746/posts/192327662183881/?sfnsn=scwspwa&d=w&vh=e&extid=Iaau0zCG0Cz0AunJ&d=w&vh=e

Clasificación primeira semana

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na sua consecución.
Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 día. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".
A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.

O noso colexio ten 103 puntos!! Imos a sumar máis esta semana, imos progresar cada semana, vamos!!!


Reto 4

Xa está superada a primeira semana de retos!! Un pasiño máis para derrotar ao virus, pero antes téñovos que facer unha pregunta... que pasou este fin da semana????? Tan só un reto (que menuda canción máis boa, eso si). Hai que seguir animados, se non mirade a Carlos Alberto... 

Bueno.. despois disto imos a explicar o reto 4!!




MENTE EN FORMA



  • Historias de confinamiento: Creade unha historia creativa relacionada coa necesidade de estar en casa. Pode ser de calquer tipo: conto, comic, historieta... Pódese facer con debuxos ou non...Aquí vos deixo un pequeno exemplo de historia de axuda!!!


CORPO EN FORMA



  • Just Dance: Cada un de vós teredes que realizar a coreografía completa dos 3 bailes de just dance que vos mandamos a continuación. Recordade que se enviades un video gañaredes máis puntos.
1.  https://www.youtube.com/watch?v=RwUda1XdMpY






Tamén podedes animar a compañeiros vosos do colexio que non estean inscritos nas actividades extraescolares e sumar puntos con eles!!! E acordádevos, en familia todo é mellor!!! Moito ánimo para estes retos a ver que tal van, que seguro que ben!!! XUNTOS PODEMOS!!!




Resposta reto 3

Resposta do reto 3 de Carolina Suarez, moi boa canción, gustounos moitísimo, a seguir así familia!! Moi bó detalle a participación da nai, en familia todo é mellor, que ben!!



domingo, 29 de marzo de 2020

ATENCION


Aquí tedes un video dun dos monitores, Carlos Alberto, que seguro que coñecedes. Mandámosvos moito ánimo e forza nesta situación. Este video é un playback da canción "xuntos" de Juan Pardo!! 


El xa puxo o seu gran de area, necesitamos a vosa axuda!! Como xa sabedes o noso lema é... XUNTOS PÓDESE!!! 









Xuntos pódese

Hola!! Como vai ese fin da semana?? Como van esos retos... estamos desexando ver tódolos videos e fotos, que serán increíbles seguro e derrotarán ao virus malvado.

Recordade que se os familiares tamén o fan, reuniremos máis puntos, en familia todo é mellor, xuntos pódese, animádevos veña!!!

Déixovos por aquí unha canción de Juan Pardo "Xuntos"

https://youtu.be/w15qjGSfttE

viernes, 27 de marzo de 2020

Reto 3

MENTE EN FORMA

Este reto consistirá en, ben xuntos cos vosos familiares que estean na casa, ou individualmente, debedes de crear unha canción en contra do virus ou un poema dun par de estrofas de catro versos cada unha para matar ao virus. Recordade que cantos máis familiares facendo o reto, máis puntos!!


CORPO EN FORMA

Neste reto teremos que construir un circuito con 4 ou máis exercicios dos seguintes e realizar 10 voltas ao mesmo:


  • saltar obxectos
  • bordear obxectos
  • correr
  • agacharse
  • facer a croqueta
  • lanzar a pelota a un cesto
  • zig-zag



Animádevos con estos retos e recordade que xa o dicían os gregos: “mens sana in corpore sano” (“Unha mente sana nun corpo sano“).

Respostas reto 2



Deus meu.. menudas respostas temos por aquí,eu se fora o virus pensaríame dúas veces se ir ou non..Estos retos superados son de Lorena Gantes, Martin e Triana Reyes, e Carolina Suárez.









miércoles, 25 de marzo de 2020

NOTICIA

ACORDADEVOS DE QUE SE NOS RETOS PARTICIPADES MÁIS XENTE COS ALUMNOS E ALUMNAS XUNTAREMOS MÁIS PUNTOS PARA DERROTAR Ó VIRUS!!! XUNTOS PÓDESE!!!






Reto 2

MENTE EN FORMA

Por medio dun disfraz caseiro, utilizando os recursos que teñamos na nosa casa, crea un heroe de carne e oso que poida vencer ao malvado villano “Coronavirus”.

CORPO EN FORMA
Ten catro partes ou exercicios:
1.  Trotar (correr) no sitio durante 60 segundos.
2.  Saltar á pata coxa 10 veces con cada perna.
3.  Sentarse e levantarse dunha cadeira 10 veces.
4. Cos brazos estirados, dobra as rodillas e mantén esta postura durante 20 segundos.

Se queres que o teu video ou foto poida ser publicada preme nesta enlace e cubre o formulario: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
ATREVESTE???VEÑA, A QUE ESPERAS!!!!

Resposta reto 1

Boas de novo!!Colgamos un novo reto superado de Lorena Gantes.. Iremos subindo en cada reto un par ou tres deles para que os vexades!!Animádevos!! Imos a gañar ao virus




Resposta reto 1



Aquí temos unha resposta ao primeiro reto dos nosos alumnos Martin Reyes Pan e Triana Reyes Pan, bravo!!! Estádevos atentos ás 12... haberá un novo reto para facer e vencer ao virus!!!Vamos!!!



lunes, 23 de marzo de 2020

Reto 1

RETO 1: 23 de marzo de 2020


PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a      gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso esto lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita,  fagámolo  visible con algo obrigatorio para todos nestes días e que nos une e fai máis fortes.

O reto consiste en facer visible o lema # QuédateEnCasa,  en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.

Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….

PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces
Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.

Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

domingo, 22 de marzo de 2020

Introdución ao xogo

Resultado de imagen de lucha contra el virus




Este xogo online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Lecer, ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia en domicilios durante 14 días, prorrogable algún tempo máis. 


Trátase dun sistema telemático no que se expón a participación en liña dos nenos e nenas inscritos no Programa de Lecer (Deporte no Centro, Lecer Educativo,  Luditarde e  Listen  and  Speak) nun xogo virtual que leva por título:  Xaque Mate ao virus.

O obxectivo é facilitar ferramentas de lecer alternativas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, achegando o noso granito de area. 


O Xogo consiste nun taboleiro virtual o cal contén 19 retos a superar relacionado con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento ata os valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes momentos que estamos a vivir.



Se ese reto supérase entre todos o neno e nenas deste colexio, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e vaise avanzando.