Este xogo online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Lecer, ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia en domicilios durante 14 días, prorrogable algún tempo máis.
Trátase dun sistema telemático no que se expón a participación en liña dos nenos e nenas inscritos no Programa de Lecer (Deporte no Centro, Lecer Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: Xaque Mate ao virus.
O obxectivo é facilitar ferramentas de lecer alternativas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, achegando o noso granito de area.
O Xogo consiste nun taboleiro virtual o cal contén 19 retos a superar relacionado con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento ata os valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes momentos que estamos a vivir.
Se ese reto supérase entre todos o neno e nenas deste colexio, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e vaise avanzando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario