viernes, 27 de marzo de 2020

Reto 3

MENTE EN FORMA

Este reto consistirá en, ben xuntos cos vosos familiares que estean na casa, ou individualmente, debedes de crear unha canción en contra do virus ou un poema dun par de estrofas de catro versos cada unha para matar ao virus. Recordade que cantos máis familiares facendo o reto, máis puntos!!


CORPO EN FORMA

Neste reto teremos que construir un circuito con 4 ou máis exercicios dos seguintes e realizar 10 voltas ao mesmo:


  • saltar obxectos
  • bordear obxectos
  • correr
  • agacharse
  • facer a croqueta
  • lanzar a pelota a un cesto
  • zig-zag



Animádevos con estos retos e recordade que xa o dicían os gregos: “mens sana in corpore sano” (“Unha mente sana nun corpo sano“).

No hay comentarios:

Publicar un comentario