viernes, 15 de mayo de 2020

Reto 24

MENTE EN FORMA E CORPO EN FORMA( 2 EN 1)

Transporte ecolóxico: Aproveitando que xa podemos saír á rúa e gozar do aire libre, que mellor maneira que conservando a nosa contorna. Para iso o noso reto deste día será que nos mostredes unha foto ou vídeo cun dos vosos medios de transporte preferido e que non contamina. Exemplo diso pode ser, os patíns, patinete, bicicleta, skate, etc. Aproveitar se queredes para lucirvos con algunha pose ou figura.



Ademais, engadirémosvos outro reto a maiores! Para evitar sentirse só nos paseos pedímosvos que creedes unha mascota ou un símbolo ao cal sacar e facer os retos co. Pode ser calquera cousa! Un peluche, unha chapa, un debuxo…. A condición de que o levedes convosco! Estamos a desexar ver as vosas ideas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario